viernes. 03.02.2023

Últimos días para inscribirse no programa EsquiOU 2023

O prazo de inscrición remata este xoves, 12 de xaneiro de 2023, ás 14,00h

estacion-esqui-oca-nova-manzaneda
estacion-esqui-oca-nova-manzaneda

Esta edición conta con 735 prazas para os nenos nacidos entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 31 de decembro de 2014. Haberá sete quendas con 105 prazas cada unha, e o prezo será de 29 euros.

Este xoves 12 de xaneiro ás 14,00 horas rematará o prazo de inscrición para o programa deportivo EsquiOU 2023, realizado pola Deputación de Ourense en colaboración coa Estación de Montaña de Manzaneda. Esta edición contará con 735 prazas para os nenos nacidos entre o 1 de xaneiro do 2011 e o 31 de decembro do 2014. O total de prazas estará dividido en sete quendas de 105 prazas cada unha.

A duración da estancia é de tres días e dúas noites, sempre de luns a mércores e incluíndo aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e as demais actividades complementarias lúdico-deportivas (sendeirismo, natación, tiro con arco...). O programa desenvolverase por quendas nas que se fai un reparto dos nenos por proximidade xeográfica para lograr grupos máis homoxéneos.

A primeira quenda será do 23 ao 25 de xaneiro para as comarcas da Terra de Celanova e Baixa Limia; a segunda quenda, do 30 de xaneiro ao 1 de febreiro, será para as comarcas do Ribeiro e O Carballiño; do 6 ao 8 de febreiro será a quenda para os nenos de Verín-Viana; do 13 ao 15 de febreiro para Valdeorras; do 20 ao 22 de febreiro para Ourense; do 27 ao 1 de marzo para Allariz-Maceda-A Limia; e finalmente do 6 ao 8 de marzo para Terra de Caldelas-Terra de Trives.

A inscrición no programa pódese realizar a través do correo electrónico [email protected], axuntando o formulario de inscrición do ano 2023 cuberto e unha fotocopia do DNI do participante. O prezo da estancia por participante é de 29 euros e a selección dos participantes farase por orde de inscrición. Se algún participante quedase sen praza na quenda que lle corresponde, pasaría a unha lista de agarda para ser inscrito no caso de quedar prazas baleiras noutras quendas.

Últimos días para inscribirse no programa EsquiOU 2023