VETERANOS ANTELA- SELECCIÓN DE CURAS

antela-curas
VETERANOS ANTELA- SELECCIÓN DE CURAS

\“Os curas intentarán igualar os enfrontamentos entre as dúas seleccións\”

O domingo 3 de setembro as 17:30 volveranse a enfrontar o equipo de veteranos do Antela a unha selección provincial de curas.

Este partido será benéfico e a recadación ira destinada integramente a Cáritas, aínda que o motivo do partido e un homenaxe que os veteranos do Antela queren facerlle ao que moito tempo fora o seu presidente MANOLO \“Sete machos\”.

CUARTO ENFRONTAMENTO

Estas dúas selección lévanse enfrontado en catro ocasións, todas elas en plan beneficio.

1998 foi o primeiro ano a beneficio da igrexa nova. Logo volveron a xogar outro partido no 2000 a beneficio da igrexa nova de Xinzo. Non volveron a atoparse no campo de fútbol ata 0 2011 como pretexto a recadación de fondos para Somalia, e seis anos despois o motivo destes enfrontamentos será o homenaxe que tanto os afeccionados e compoñentes do Antela dende fai décadas lle queren facer a Manolo \“sete machos\”.

Nos enfrontamentos anteriores a vantaxe é de dous a un a favor dos veteranos, polo que este ano pode ser o do empate ou ben o de despegue por parte do Antela.

Non lle será moi fácil tendo na portería contraria a D. Néstor cura de Baltar e D. Tomas de lateral dereito. Pero realmente no que confían e en D. Jaime, que segundo declaración de D. Jaime, el estará rezando de xeonllos no outro lateral.

A entrada será de balde e os donativos para cáritas.