O Vilariño e o Antela só conseguiron un empate

antela 2014-15
O Vilariño e o Antela só conseguiron un empate

A pesar de disputar o partido no campo de O Medo, o encontro foi do máis tranquilo

O partido do pasado fin de semana entre o Atlético Vilariño e o Antela saldouse cun empate. Sen embargo, o arbitro só mostrou unha tarxeta amarela a Nóvoa do Vilariño no minuto 75 e no Antela o único xogador amoestado foi Fali no minuto 61.

Os equipos partiron co seguinte aliñamento. O Vilariño: Prada, Pérez, Failde (Alfonso minuto 60 e Prada minuto 87), Conde, Ramos, Tesouro (Iglesias minuto 80), Hidalgo (Tesouro P. Minuto 85), Rodríguez, Grande (Rodríguez Diz minuto 75), Rodríguez M e Nóvoa.

O Antela: Andrade, Airavella, Moro, Fali, Campelo, Colmenero (González minuto 85), Feijóo, Rodríguez (Fernández minuto 75), Ojea (Corvillón minuto 65), Rodríguez V. e Couñago (Cid minuto 80).

O partido foi disputado no campo de O Medo con algo máis de un centenar de espectadores observando dende as gradas.