O vindeiro 1 de marzo celebrarase a Carreira Popular Xinzo de Limia 2015

Carrera popular Xinzo de Limia.docx
O vindeiro 1 de marzo celebrarase a Carreira Popular Xinzo de Limia 2015

A INSCRIPCION PRECHARASE O XOVES 26 DE FEBREIRO AS 23:59

A Carreira Popular Xinzo de Limia é unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo e está organizada pola Concellería de Deportes de Xinzo. O prazo de inscrición está aberto dende o día 13 de febreiro.

As saídas e as metas estarán situadas diante do pavillón de deportes de Xinzo de Limia. As horas de saída para as probas oscilaran entre as 10:30 e as 12:40, dependendo da categoría.

As inscricións para as carreiras infantil, cadete, benxamín, alevÍn, prebenxamÍn e pitufos serán gratuítas e faranse polos seguintes medios hasta o 26 de febreiro: Na web: www.championchipnorte.com e na oficina de información do Pavillón de Deportes de Xinzo.

As inscricións para a carreira absoluta tamén se tramitará mediante a web. Os participantes de esta proba deberán abonar 5 € en concepto de cota de inscrición. Ademais, poderase realizar a inscrición no Pavillón de Deportes de Xinzo, pagando no momento a cota e o aluguer do chip.

Por outro lado, os atletas limiás gozarán da participación gratuíta por estar empadroados no concello, no momento da súa inscrición presencial no Pavillón de Deportes.

A entrega dos dorsais efectuarase ata 30 minutos antes de cada proba.