Vitoria “AMARGA” do A.B. Xinzo Júnior

Equipo Júnior Masculino de 2ª Div.Subcampións provinciais
Vitoria “AMARGA” do A.B. Xinzo Júnior

Venceron ao equipo do Barco 57-44, pero quedaron subcampións

Esta tarde o pavillón de Xinzo viviu unha das tardes de basket que da gusto estar nela. O equipo Júnior de baloncesto enfrontábase ao do Barco polo campionato provincial.

Foto dos dous equipos (Barco e Xinzo)

No partido celebrado o domingo pasado no Barco os do A.B. Xinzo perderon de 23 puntos, que a priori semellaba unha renda negativa fácil de superar na cancha local.

As gradas cheas de afeccionados con gañas de axudar aos rapaces, ata o punto que faltando menos de 5 minutos para o remate do partido a diferencia a favor dos locais era de 19 puntos. Dous tiros triplas errados polo “mellor xogador local” no día de hoxe, e sendos contraataques dos visitantes tiraron por terra o que naqueles momentos parecía posible.

O público nunca perdeu a esperanza da remontada

O Barco proclamouse camión da liga provincial e os de Xinzo tiveron que conformarse co segundo posto na clasificación final, que tampouco estivo mal.

O delegado da Federación Provincial de Baloncesto acompañados polos concelleiros Manolo e Rafa fixéronlle entrega das medallas aos dous equipos.

Podedes ver un amplo reportaxe fotográfico do que pasou no pavillón no enlace seguinte.

Momento final da vitoria "amarga"