4 de septiembre de 2013, 22:00
Comezan os adestramentos de fútbol, baloncesto e atletismo en Xinzo para a tempada 2013/2014
REDACCIÓNCoa chegada de setembro xa se sabe o que toca, volta á rutina, ás obrigacións, ao traballo, ao cole pero tamén é hora de retomar os adestramentos deportivos. Esta semana tócalles volver a poñerse en forma para a competición, a futbolistas, atletas e xogadores de baloncesto limiaos.
Onte, día tres, comezaban a pretempada os mozos e mozas da Asociación Baloncesto Xinzo. Hoxe ás 16.30 horas, os prebenxamíns do Antela F.C. volvían pisar as instalacións do José Antonio Fernández Carrera. E mañá, as 17 horas tocaralles a quenda aos atletas de Limiactiva, nados entre 1997 e 2001, no Campo da Moreira.