A Volta Ciclista a Galicia pasa pola Limia

ciclistas
A Volta Ciclista a Galicia pasa pola Limia

A Volta Ciclista a Galicia na súa etapa Verín-Verín atravesa a Limia este sábado. Con saída ás 14h de Verín o pelotón fai a súa entrada na comarca polo concello de Vilar de Barrio ás 14.57h.

Os ciclistas entrarán en Xinzo de Limia ás 15.17h pola Avenida de Ourense. A meta está posto de novo en Verín onde se estima que cheguen ás 17.10h.