Volta ó traballo

SENIOR masc
Volta ó traballo
DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ Pasado o Entroido, e xa descansando as Pantallas ata o ano que ben, o baloncesto na Limia continuou...

DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ

Pasado o Entroido, e xa descansando as Pantallas ata o ano que ben, o baloncesto na Limia continuou cos seus correspondentes compromisos competitivos nas diferentes categorías. Agrádame notificar que esta fin de semana de Piñata foi especialmente positiva para os intereses do Clube de Xinzo.

Comezamos polo equipo de categoría Senior masculina, que o pasado sábado xogou un importante partido contra o San Cibrao, último clasificado da categoría 3ª División Masculina. Partido importante que tiña o equipo comandado por Gonzalo, porque se gañaba asegurábase a clasificación un ano máis na categoría a falta de 4 xornadas para a finalización da liga. Gonzalo contaba con baixas importantes, pero coa confianza total nos seus xogadores, e estes responderon positivamente. O equipo de Xinzo acadou a vitoria cun marcador de 62 a 54 sobre o seu rival, que a pesar de ser inferior tecnicamente son un equipo correoso. O partido tivo momentos bos e outros de irregularidade ofensiva, pero en xeral o xogadores todos traballaron moi ben, no que cabe destacar que catro xogadores acadaron ou estiveron por encima de 10 puntos. Asegurada a permanencia insto a que sigan traballando e que consigan acabar no posto máis alto posible da táboa clasificatoria.

Outro equipo que está de noraboa, é o equipo Cadete Masculino, que a pasada semana tivo que xogar dous partidos importantes para os rapaces de David Fernández, para acadar o 5º posto. O Mércores de Cinsa o equipo Cadete Masculino xogou o seu partido aprazado contra o C.B Allariz, uns dos primeiros clasificados da categoría. Os rapaces de Xinzo saíron moi concentrados tanto en defensa como en ataque, facendo un partido moi serio no que sempre dominaron no marcador, con pequenas vantaxes pero dominando e facendo por momentos moi boas defensas e bos ataques, a pesar de certos momentos de relaxación, o partido chegou cun marcador moi igualado ó final do 3º cuarto. E foi no último cuarto no que os rapaces de David demostraron o que poden ser capaces cando se traballa, esforzándose en defensa ata o máximo, o que lle daba opcións moi boas en ataques para correr, acabando o partido cun marcador final de 80 a 64.

Pero ó equipo Cadete Masculino tivo outra cita o sábado, onde se enfrontou ó Santa María, encontro que rematou ca vitoria dos rapaces de Xinzo por 75 a 42, e no que volveron facer unha gran defensa e un gran traballo de rebote defensivo facilitando así o ataque.

No resto dos equipos temos que destacar, as vitorias do Alevín Masculino fronte ó Bosco por 66 a 57, vitoria moi traballada polos pupilos de Luis Miguel. E vitoria aplastante do Benxamín Masculino fronte ó Carmelitas onde os rapaces de Andrés Coello desenvolveron un xogo moi rápido.

Polo resto das categorías inferiores do A.B Xinzo, o equipo de Manolo Rodríguez,o Cadete femenino caeu derrotado fronte o Mobles Victoria O Barco, por un marcador de 55 a 17. O equipo adestrado por Óscar Gómez, o Infantil Feminino, perdeu no seu enfrontamento contra o C.B Allariz por 84 a 22. O Benxamín Mixto case consegue a vitoria contra o A.B.O e caeu derrotado por 48 a 46, pero a adestradora Isa Fernández acabou moi satisfeita co esforzo dos seus rapaces.

E para finalizar, comentar que o equipo de categoría Benxamín Feminino, que dirixe Gabriel Mandianes, disputou dobre xornada esta fin de semana, xogando o sábado como local fronte ó Bosco e onde caeu derrotado por 5 a 55 e o domingo xogou como visitante tamén contra o Bosco onde caeu cun marcador de 63 a 18.