lunes. 25.09.2023

O fin de semana do 23 e 24 de setembro  celebrarase na súa 2ª edición, xa puntuable para o campionato Galego de Montaña a II Subida de Vilar de Barrio.

O trazado será dende o pobo de Borrán ata o cruce de Paradiña no alto do Talariño, que da nome a escudaría organizadora.

O tramo ten 4 Km 800 m pola estrada OU-113 dirección Vilar de Barrio-Verín.

Nesta edición do 2023 contan coa colaboración do Concello e a Deputación, ademais de contar co patrocinio de empresas da Limia.

Haberá novidades interesantes para os afeccionados, pero iránselle  comunicando.