Volvemos calzar ás botas!

Boado- Monterrei
Volvemos calzar ás botas!
Todas as novidades do fútbol limiao REDACCIÓN Mañá, e despois de oito anos sen enfrontarse ao Barbantes, o Antela F.C. viaxará ata...

Todas as novidades do fútbol limiao

REDACCIÓN

Mañá, e despois de oito anos sen enfrontarse ao Barbantes, o Antela F.C. viaxará ata a Regueiriña. Desde o twitter do equipo recordaban esta semana, que aquel último encontro saldárase cun empate a 1, e que desde aquel resultado non volveran coincidir na categoría. Así, na que será a terceira xornada da Primeira División Autonómica, ámbolos dous conxuntos mediran as súas forzas a iso das 17.30 horas.

O Boado buscará a súa primeira vitoria nesta nova etapa na Primeira División mañá ante o invicto Arrabaldo,tamén as 17.30 horas. Aqueles afeccionados do Boado que queiran animar ao seu equipo deberán desprazarse ata o campo do Seixo.

Segunda Autonómica

O Muíños e o Entrimo xogaron hoxe fóra da casa os encontros correspondentes á terceira xornada na Segunda División Autonómica, partidos que se saldaron con un empate e unha vitoria, polo que os dous equipos puideron sumar puntos, e escalar postos na clasificación. A uns quedaron A Manchica e o Muíños, e por 3 goles a 0 ganoulle o Entrimo ao Velle. Ao Bande tocaralle mañá, as 17.30 horas contra ao Sande.

Terceira Autonómica

Por fin deu comezo hoxe, a competición na Terceira Autonómica na que atopamos ata cinco equipos de procedencia limiá no grupo 12, o filial do Antela, Calvos de Randín, Porqueira, o Vilar de Barrio e o Lobios. Todos estes equipos xogarán os primeiros encontros mañá, menos ao Lobios que lle tocará descansar. O Antela B enfrontarase na Moreira ao Arnuid ás 16.15, e o Calvos de Randín viaxará ata o campo da Chaira para medirse ante o Cidade das Pontes as 17.30 horas.

Derbi limiao

Os outros dous equipos, Porqueira e Vilar de Barrio enfrontaranse nun derbi ás 17.30 horas no campo da Tapada.