Volven as carreiras ao hipódromo de Antela

cartel carrera caballos
Volven as carreiras ao hipódromo de Antela
Sábado 12 de outubro a partir dás 12 horas

A Xornada cume de carreiras na tempada 2019 terá lugar o día 12 de outubro a partir das 12 horas no Hipódromo de Antela .Os grandes premios danse cita nunha xornada histórica con tres carreiras de máximo nivel. A primeira carreira terá o seu inicio ás 12: 10 h. GRAN PREMIO DE GALICIA DE PURA SANGRE ÍNGUAS .Na carreira 12 cabalos PSI galoparan 1800 m en busca do pódium de ouro e da clasificación final da Copa Galega de Velocidade. Sen dúbida a carreira que máis expectación levanta é a segunda carreira da Xornada, ás 13 h. O Premio WATHABA 35882488_621577974864093_2367045197965033472_nSTALLIONS CUP cunha dotación de 5000 €, dos cales 2500 serán para o gañador. Carrera reservada a cabalos de Pura Raza Árabe .Con 12 cabalos na area sobre unha distancia de 1800 m. As 13:40 h é a hora prevista para o Gran Premio de Trote enganchado de Galicia sobre unha distancia de 1700 m. Con 9 cabalos trotones guiados polos seus condutores .Disputasen o titulo na chegada da Lagoa de Antela. Entre carreira e carreira teremos exhibicións do cabalo de Pura Raza Galega, que vén do monte ás pistas do Hipódromo antelano, para mostrarnos a súa versatilidade no deporte ecuestre, da man da Asociación Pura Raza do Cabalo Galego. Como novidade teremos un spiker versado no mundo ecuestre de Galicia, radiando todas as carreiras da xornada, trátase de Xacobo Perez. Como complemento ás carreiras teremos paneis informativos da Historia da Lagoa de Antela ligada a “ Lenda de Antioquia”, sobre a que se asenta o Hipódromo Antelano. Todo un espectáculo, para gozar nunha xornada matinal, intensa de emocións deportivas.