Volven as carreiras ao hipódromo de Antela

DSC_0105
Volven as carreiras ao hipódromo de Antela

Este domingo 5 de setembro a partir das 11:00

A 5ª xornada de carreiras da tempada 2021 no Hipódromo de Antela ,mantén as mesmas 10 carreiras que na xornada anterior. Coa diferenza que se desenvolverán en horario partido.

Pola mañá desde as 11 h ata as 14 h , tres carreiras de Galope 2 de Pura Sangre Ínguas e unha de Pura Raza Árabe, sobre unha distancia de 1600 m. Intercaladas con 3 carreiras de Andaina( 2 tempos e 4 tempos) sobre unha distancia de 1600 m encadradas nos eventos de “Andaina Racing 2021”

.- Premio Bar O Castelo.-A Peroxa

.- Premio Esquecemento

.- Premio Pedra Alta

.- Premio Andaina Racing

.- Premio Couto Mixto

Inclúese no programa unha proba territorial de Enganches con Troncos e Limoneras intercalada entre as carreiras.

Ao concluír a xornada matinal sorteo menús para Estación de Servizo de Antela.

DSC_0043 (1)Pola tarde a partir das 16 h ata as 17,30 h teremos os 4 Premios de Trote Enganchado nacional e internacional .Destaca o Gran Premio ASTROT con 9 participantes nacionais
. Premio Made in Galicia 4
. Gran Premio ASTROT
. Premio Entroidos Troteiros
. I Copa Deputacion de Ourense de Trote Enganchado

Paralelamente na contorna do Hipódromo, exposición gráfica(carteis) “ Entroidos Troteiros” de Ourense. As probas de Galope son Puntuables para a IV Copa Deputacion de Ourense de Velocidade

As probas de Trote puntúan para a I Copa Deputacion de Ourense de Trote Enganchado.

Xornada intensa para gozar do deporte e da contorna dá Lagoa de Antela