A X Carreira Popular Nocturna de Xinzo de Limia reunirá a máis de 170 corredores

carreira nocturna
A X Carreira Popular Nocturna de Xinzo de Limia reunirá a máis de 170 corredores
Esta cita deportiva terá lugar o vindeiro sábado e a inscrición está aberta ata o día 12 REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia O vindeiro 14...

Esta cita deportiva terá lugar o vindeiro sábado e a inscrición está aberta ata o día 12

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

O vindeiro 14 de xuño celebrarase a X edición da Carreira Popular Nocturna de Xinzo de Limia. Polo de agora xa hai inscritos un total de 171 corredores pertencentes a tódalas categorías, de pitufos a adultos e pode que se reúnan máis pois o período de inscrición non remata ata o día 12 de xuño ás 23:59 horas. Hai tres maneiras de inscribirse, ben en persoa no Pavillón Municipal de Deportes da Vila ou ben pola Internet mediante un destas dúas páxinas web: www.limiactiva.com ou www.championchipnorte.com.

A proba terá como saída e meta a praza de San Roque e a súa participación é gratuíta para as categorías escolares, pitufos (2009-2012), prebenxamín (2007-2008), benxamín-alevín (2003-2006) e infantil-cadete (1999-2002), e a pagar unha cota de  3€ para a carreira absoluta na que se percorrerán 6 quilómetros. As probas darán comezo a partir das 20:15 coa categoría infantil-alevín que darán dúas voltas pequenas, un total de 1.060 metros.