O. Ferreiro
8 de mayo de 2017, 21:49
Este sábado, día 13 de maio, a partir das 9:30 horas, desputarase a primeira fase da Copa Deputación de ximnasia en Xinzo de Limia.
A capital da Limia acollerá, ese día, a máis de 400 participantes, representantes de todos os clubs de ximnasia da provincia de Ourense. Todos eles participarán nunha competición única, a máis importante da provincia do interior de Galicia.