Xinzo de Limia acolle unha nova edición do III Festival de Inverno de Ximnasia no pavillón municipal do concello. Terá lugar este xoves, día 8 de decembro, a partir das 12 horas.
Daranse cita neste evento máis de 350 deportistas pertencentes aos clubes Pavillón CXP, Pavillón EXP, E.M Barbadás, E.D. Celanova, E.D Maceda, Club Xiada de Pontevedra e o clube organizador EDC Xinzo. Este último, segundo informan dende a Concellería de Deportes, está a aumentar –unha tempada máis– o seu número de deportistas inscritos, o cal o convirte en "referencia do deporte limián, e da ximnasia a nivel provincial e autonómico con máis de 120 ximnastas".
Dito evento conta coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, a Deputación de Ourense e a Federación Galega de Ximnasia. Como colofón a este primeiro evento deportivo do Nadal limián, haberá sorteos, agasallos e moitas máis sorpresas.