Xinzo acolle por primeira vez a xuntanza de seleccións alevíns máis importante de Galicia

mini_xinzo
Xinzo acolle por primeira vez a xuntanza de seleccións alevíns máis importante de Galicia

Ata o de agora, todas as xuntanzas das tempadas anteriores foron celebradas na capital de Galicia

Este sábado 30 de setembro, no Pavillón Municipal de Xinzo de Limia, terá lugar a "Xuntanza de Seleccións Alevíns" das delegacións zonais de toda Galicia. Máis de 200 deportistas de todo o país participarán neste evento sen parangón na vila limega.

Ata o de agora, esta importante xuntanza sempre se celebrara en Santiago de Compostela.

Ata o de agora, todas as xuntanzas das tempadas anteriores foron celebradas na capital de Galicia –en Santiago de Compostela–. Trátase da primeira vez que sae da capitalidade do país para recaer a súa celebración noutra capital: a da comarca da Limia.

Dentro dos máis de douscentos deportistas que se darán cita no Pavillón Municipal de Xinzo, o concello limián estará representado por tres xogadores do Club Asociación Baloncesto Xinzo. Trátase de Cris Rodríguez, Paula Rodríguez e Álex López.