Xinzo campión da Copa Deputación de Fútbol Sala

259
Xinzo campión da Copa Deputación de Fútbol Sala

O Ópticas Prieto P. Tinto gañou aos penaltis a final.

Pasadas as sete e media da tarde celebrábase nas instalación do pavillón de Xinzo o último partido do día correspondente a final da Copa Deputación na categoría Sénior. A ela chegou o equipo de Xinzo, despois de rematar a liga regular en cuarta posición para enfrontarse ao equipo representante dos Peares.

Tiveron que ir á quenda de penaltis

258

O partido rematou con empate a cinco goles, despois dunha gran remontada dos de Xinzo, que cando faltaban 5 minutos ían perdendo 3-5.

A primeira quenda de penaltis era de tres tiros por equipo. No segundo lanzamento dos de Peares o porteiro de Xinzo detivo o esférico e na quenda de tirar a porta os de Xinzo fixeron diana, quedando o resultado de 8-6.

Os xogadores de Xinzo, como non podía ser doutra maneira ofreceron o trofeo que os acredita como campións provinciais a os afeccionados que perante todo o partido non deixaron de animar ao seu equipo.