Xinzo, escenario da Copa Deputación de baloncesto

Xinzo, escenario da Copa Deputación de baloncesto

O pasado domingo tocoulle a quenda á fase previa benxamín que xogará a final esta semana

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia O pavillón municipal de Xinzo de Limia acollerá durante este mes de maio as fases previas e as finais da Copa Deputación de baloncesto en todas as categorías alevín e benxamín. Corenta e catro equipos dos diferentes clubs da provincia daranse cita na vila limiá os vindeiros catro domingos. O pasado día 11 xogouse en horario de dez a oito horas a fase previa benxamín, e sete días despois, este domingo 18 será a fase final desta mesma categoría. A fin de semana do 25 será a quenda da categoría alevín, na súa fase previa e o primeiro de xuño a fase final. Natación e fútbol sala A natación tamén terá o seu protagonismo neste maio.  O sábado 24  terá lugar o "III Torneo Internacional de Natación", onde os nadadores limiaos competirán cos seus homólogos de Allariz, Chaves e Verín. Xinzo tamén será a sede da fase final do Campionato Provincial de fútbol Sala do Deporte Escolar en todas as súas categorías. Celebrarase o sábado 31 de maio.