Xornada de clausura da actividade XinzoFit 2021

1632426916419
Xornada de clausura da actividade XinzoFit 2021

Baile e merenda para rematar a tempada de verán das actividades de deporte e saúde ao aire libre

Como todos os días que había actividades, a alameda do Toural, foi o lugar onde se celebrou a última master class de baile, para rematar despois cunha pequena degustación de pinchos organizada pola Concellería de Deportes de Xinzo.

TRES DIAS POR SEMANA

1632426941060

As actividades tiveron lugar tres dias por semana, segundo manifestou o concelleiro Rafa Penabad, o cal está moi satisfeito pola afluencia de participantes. Iso si, case todas mulleres, lamentaba o concelleiro.

Este ano a actividade retrasou o seu peche, porque algún día houbo que suspendela polas inclemencias meteorolóxicas, pero o resultado final e moi satisfactorio.