Xornada pouco frutífera para o baloncesto da Limia

BENJAMIN masc
Xornada pouco frutífera para o baloncesto da Limia
DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ Esta último ?n de semana do mes de xaneiro tivo un resultado negativo para a maioría dos equipos...

DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ

Esta último ?n de semana do mes de xaneiro tivo un resultado negativo para a maioría dos equipos das diferentes categorías do A.B Xinzo. Só podemos dar a noticia positiva da vitoria por parte do equipo benxamín masculino. Os pupilos de Andrés, colleitaron unha abultada vitoria contra o Allariz por 55 a 4.

Respecto ás restantes categorías que conforman a familia do baloncesto limiao, non puideron acadar a vitoria, debido a que os enfrontamentos foron contra equipos de gran nivel e moi completos. Cousa positiva porque sempre é bene?cioso competir con equipos de tanta calidade.

O equipo benxamín feminino foi derrotado polo EDO, o marcador do encontro rematou en 25 a 55 a favor do equipo ourensán. O Benxamín mixto enfrontouse contra o Allariz, caendo por 2 a 52.

Pero esta xornada houbo máis enfrontamentos entre un equipo limiao e outro alaricano, como foi o que corresponde a categoría alevín masculino. Os rapaces de Luis Miguel visitaron a vila alaricana, para un partido entre equipos da parte de arriba da táboa clasi?catoria. O partido foi disputado, pero o resultado ?nal foi de Allariz 64 - A.B Xinzo 40.

En categoría infantil, os rapaces de Migui, recibiron ao equipo ourensán de Blanco Amor. O partido rematou cun resultado de 22 a 72 a favor do equipo visitante. Por outra banda, o cadete masculino, visitou o campo de Maristas. No comezo da segunda volta da liga, ao equipo de David tocáballe enfrontarse a uns dos líderes da liga. Os rapaces de Xinzo fixeron un gran esforzo a pesar das baixas, pero non aguantaron fisicamente e o partido rompeuse chegando o descanso. O resultado final foi de Maristas 86 - A.B Xinzo 27. En categoría infantil feminina e cadete feminina os seus partidos foron aprazados.

Por último, atopamos os seniors de Xinzo, que recibiron ao equipo de Macarenas, o encontro acabou co resultado de A.B Xinzo 37 - Macarenas 54. O encontro foi sempre costa arriba para o equipo que dirixe Gonzalo, e que pouco puideron facer contra a falta de acerto a hora de encarar o aro rival.