Os "xoves" karatecas de Xinzo competirán no III Open de Castro Urdiales

37
Os "xoves" karatecas de Xinzo competirán no III Open de Castro Urdiales

A competición será mañá domingo, día 12, en Cantabria.

Ao evento desprázase nestes momentos unha ampla representación de alumnos da Escola Deportiva de Kárate de Xinzo, nun autobús fretado polo Concello de Xinzo de Limia.

Ao citado evento acudirán 33 nenos e nenas da escola limiá, de idades comprendidas entre os 7 e os 15 anos. Para algún deles será o seu primeiro contacto co mundo da competición, pero para outros, como Lida Méndez, Hugo Araujo, Roberto Cerdeiro ou Assia Nourí, converterase nunha nova experiencia, pois xa participaron varias veces en competicións de carácter provincial, autonómico e mesmo de carácter nacional, cultivando varias medallas.

karatecas

Actualmente, nas escolas deportivas de Karate de Xinzo, hai 68 nrapaces inscritos, que practican este deporte 3 días á semana, nas instalacións do ximnasio do CEIP Rosalía de Castro. O se mestre é o Campión Mundial, Cipri Gomes.

Os membros da escola limiá de karate, prepararon concienzudamente a participación no evento. Na localidade de Isla, preto do lugar da competición, aos máis pequenos faráselles interminable a espera.

MAIS DE 150 DEPORTISTAS

Será un evento onde participarán máis de 150 deportistas pertencentes a Galicia, Cantabria, País Vasco e Asturias.

Este evento será o 1º dunha longa lista de citas que están previstas para este ano 2017 e que forman parte do calendario oficial da Federación Deportiva Galega, ás que acudirán os alumnos da Escola da Limia. Hai que destacar o 5 de marzo, en Arcade (Pontevedra), cando será o Campionato Galego.

En xuño do presente ano, a Escola organizará o 2º Torfeo de karate Cidade de Antioquía, no que participarán máis de 200 deportistas de toda Galicia e Portugal, e no cal os alumnos da escola limiá serán os anfitrións.