DIA QUE DIN.. que o futuro político en Xinzo está asegurado

Xoel Pozo
DIA QUE DIN.. que o futuro político en Xinzo está asegurado

Xoel PozoOu polo menos iso é o que parece ser. Esta é a historia. Nunha reunión do concelleiro Luís M. Gil, responsable de Cultura, cos membros do grupo de teatro municipal ANEIS, estaba presente un dos seus membros máis novo Xoel Pozo Fernández.

A súa avidez demostrouna cando preguntado polos seu nome e apelidos , dixo o final \“Fernández con acento na a\”

Pois a historia continua, cando rematada a reunión díxolle o concelleiro que quería coñecer o Concello. Pois dito e feito, o pasado 24 Xoel, que é alumno de 6º no Carlos Casares visitou as dependencias municipais acompañado polo concelleiro, momento que recolle a instantánea.

O dito, parece que a vocación política de Xoel non ten dúbida, co cal o relevo xeracional parece estar garantido.