DIS QUE DIN… que os "amigos do alleo" actuaban con nocturnidade madrugadora

43
DIS QUE DIN… que os "amigos do alleo" actuaban con nocturnidade madrugadora

43Tódolos que madrugan para ir aos seus traballos, que aínda é moita xente, saben que a certos negocios lles deixan mercancía a primeira hora da maña na propia rúa, antes de romper o día.

Pois ben, hai xente que se dedica a recoller parte desa mercancía, sen abonar o seu importe, loxicamente, porque a esas horas aínda non están abertas as tendas.

Pero o que non sabía o "amigo-amiga" era que hoxe á mañá cedo, moi cedo, estaban a agardalo/a , e a sorpresa foi MAIÚSCULA. Cando unha vez que xa se deleitaba coa "mercancía", preguntáronlle que se a ía abonar naquel intre ou prefería facelo cando abrise o negocio en cuestión.

A cousa non foi mais alá posto que a persoa en concreto collida "in fraganti" decidiu deixar a "compra" para máis tarde, non sen antes molestarse un pouco polo feito ocorrido.

Efectivament,e a esas horas tan vespertinas, non se lle poden meter eses sustos a ninguén, pois a ver quen vai traballar a gusto despois…