DIS QUE DIN… que Asun Morgade , actual alcadesa de Rairiz, está pisando a liña bermella

Morgade Rúa, alcaldesa de Rairiz de Veiga
DIS QUE DIN… que Asun Morgade , actual alcadesa de Rairiz, está pisando a liña bermella

Morgade Rúa, alcaldesa de Rairiz de VeigaNo último pleno celebrado esta semana, volveron as facturas ao caixón. Nin ela mesma quería debater o que ela había decidido, en contra do acordado polos concelleiros do grupo, que ía aparecer no orde do día do mesmo.

O problema volveron ser as facturas que o Xaquín deixou sen aprobar, e que a alcaldesa leva o pleno por segunda vez, e que tiveron que voltar o caixón. E voltaron, esta segunda vez, porque segundo comentan os concelleiros do PSOE e máis 3 do PP, non están moi claras.

Parece ser que o Xaquín (alias Meteorito) como presidente da asociación organizadora da festa da Sainza pásalle as facturas dos gastos ó Concello, porque non houbo ningún ingreso:

nin de postos, nin de bares da comisión…, nin nada, só dúas subvencións da Deputación de Ourense.

Só queda esperar unha terceira, que poida que sexa a última e definitiva, ben para aprobalas, ou ben, como din os concelleiros que non están de acordo, para levalas o xulgado.