DIS QUE DIN..que a bronca foi moi grande

Casino1
DIS QUE DIN..que a bronca foi moi grande

Casino1De todos é sabido que o importante sempre é o contido, non o continente.

Parece que ós antigos xestores do Casino Antelano, non entenderon ven a frase de \“nin debemos nin nos deben\”.

Asegúrolle que nestes tempos que corren, que unha institución cultural, non teña débedas é todo un luxo, ou case poderíamos dicir un \“milagre\”.

Na crónica de dendealimia.com, o único que queríamos reflectir era iso, a boa saúde da entidade. Iso non implica que vostedes non deixaran cartos no peto da asociación.

Ao público en xeral, interésalle saber como está de saúde monetaria, pero a cantidade que lle queda, solo lle corresponde saber ós socios.

Esperemos que despois disto, a bronca se converta nunha felicitación ós que colleron o cargo, sobre todo despois de deixalo vostedes antes de tempo, sen cumprir o compromiso adquirido cos seus socios e que \“estes valentes\” se fixeran cargo do \“enfermo\”.