DIS QUE DIN… “Que o cliente sempre ten a razón”

61
DIS QUE DIN… “Que o cliente sempre ten a razón”

Este é un \“dito\” que case todo o mundo da por certo, case todo o mundo menos nun café-bar moi concorrido da nosa vila, onde aconteceu que lle ofrecen o cliente unha peza , non de elaboración caseira, se non de pastelería industrial conxelada, para acompañar o almorzo, para sustituir a uns croissant recen saídos do forno. cando ó proba, decátase que está reseso.

Pono en coñecemento da persoa que ó estaba atendendo (propietaria do local) e contéstalle que efectivamente non era feito desa maña, se non que fora feito o día anterior, pero que se podía comer igual, aínda que tivera 3 dias.

Nin que dicir ten que o cliente rexeitou as pezas ofertadas, polo croissant recen feito, non sen antes ter que escoitar a devandita frase\”o cliente…\” en vez de desculparse por comparar algo saído do forno coas sobras dos almorzos do día anterior.

\“Cousas veredes, amigo Sancho….\”