lunes. 27.03.2023

DIS QUE DIN …que os comerciantes da rúa S. Roque están que botan lume

obras rúa S.Roque
obras rúa S.Roque

obras rúa S.Roque2E non é para menos. A primeira vez que levantaron a rúa foi para as famosas “catas”, Un mes.

Logo viñeron os do “gas”, outro mes, longo. Xa daquelas tiveron que poñerse en “pe de guerra”, porque o ritmo de repoñer as pedras era coma na época dos picapiedra.

Despois das protestas lograron que para a feira de denantes das festas se fixera.

Pero non acabou aquí a cousa. Este luns ,volveron outra vez a levantar as pedras para asentar outras, e outra vez, ruído, polbo e incomodidades.

Esta mañá nun dos locais comerciais dos moitos que ten a rúa, preguntaba a propietaria , que cantos concelleiros había ,  para dar explicacións do que pasa. E sobre todo preguntaba a propietaria polo de obras.

Por que non pasa por aquí e fala cos propietarios dos locais, haber que opinamos e que pensamos?.

Ironicamente , ou non, dicía “e despois estráñanse de que perdan votos”?

Vexan e xulguen

Comentarios