DIS QUE DIN, que o museo do Entroido está a piques de reabrir

Inauguración museo4
DIS QUE DIN, que o museo do Entroido está a piques de reabrir

Inauguración museo4Segundo puido saber dendealimia , a semana que entra a Deputación Provincial ten intención de adxudicar a xestión do Museo. As mesmas noticias indicaron que esta adxudicación sería provisional por seis meses, mentres non fan o concurso público. A adxudicación provisional podería ser a unha empresa de Xinzo, en contra das opinións e manifestacións de moitas persoas, entre elas algún membro da oposición que manifestou que tiña xa os nomes dos que ían a levar a xestión, loxicamente, segundo a súa opinión, xente moi achegada ao partido no goberngo municipal. A sorpresa pode ser moi grande. O importante será que abra as súas portas o antes posible.