Dis que din…que a política fai estranos compañeiros de "cama"

IMG_20190412_000514
Dis que din…que a política fai estranos compañeiros de "cama"

Isto quedou demostrado na noite de pegada dos carteis para estas elección en Xinzo. O primeiro en chegar a praza foi un militante de Unidas Podemos e un histórico do PP. IMG_20190412_000514Cando o militante, único representante de Unidas Podemos se propuxo comezar coa “pegada”, deuse conta que con dúas mans era imposible rematar a faena. Foi entón cando o militante histórico do PP, xa era de AP se lle puxo a botar unha man e colaborar co traballo.
Neses intres e vendo a faena, houbo que nas filas dos do PP que estaban tamén na súa labor, se preguntaban, si aquelalo era “solidariedade” ou ben que desta se cambiara de “bando”. Pronto os que o coñecen de verdade sabían de que se trataba, pero algún marchou da praza, con “cara de ferreiro”. “Cosas veredes, amigo Sancho, que farán fablar las piedras”