18 de abril de 2018, 0:57
Fai xa 5 dias que o veciño da vila coñecido por todos “O Pucho” xa se encontra de repouso na súa casa coa súa familia despois de sufrir un contratempo un pouco serio que o mantivo internado nun centro hospitalario galego, do que afortunadamente xa se conta en pasado O que si comentaron os seus achegados é que para nada tivo que ver o precio que está acadando o polvo nestas semanas.. A familia está abraiada de todas as chamadas e mensaxes interesándose polo seu estado físico querendo dar as grazas por este medio a todos aqueles que se interesaron polo seu estado.
A recuperación parece ser que vai a ser lenta, contando tamén de que para o Entroido 2019 aínda quedan uns meses. Parabéns para el e os seus.