DIS QUE DIN… que a seguridade social ten un novo activo

154
DIS QUE DIN… que a seguridade social ten un novo activo

E non se trata dun cotízante novo, que é o que todos queremos, novos cotizantes, se non todo o contrario. Dende onte as 00:00 as estatísticas teñen que reflectir un novo pensionista, pero non é un calquera. Aínda que nado na cidade leonesa coñecida polos romanos como Bedunia, ten moitas cousas parecidas con Xinzo, onde este “personaxe” se deu a coñecer. Os carnavais e temen que ten como prato típico as ancas de ra.

Foi famoso nos noventa pola sempiterna compañía do seu , mais que fiel, URBANO. Un precioso can que nas noites frias de inverno, non se ía para a casa sen antes recoller ao seu dono. Por certo, gustábanlle moito os xeados, aos cales era invitado (o can) nos moitos bares de Xinzo.

Dende fai anos a hostalaría nocturna de Xinzo, bótao moito de menos por mor de varias xogadas que lle fixeron os da “benemérita”, que fan que as súas saídas nocturnas sexan cada vez máis escasas, aínda que como non hai mal que por ben non veña, a recadación do bar de Morgade vese bastante incrementada por este mesmo motivo.

O seu estado natural,a partir de media tarde hora de erguerse, é a da foto que acompaña. Ah! Falta a faría porque ultimamente Alba non llo permite.

Pois iso, que hoxe cumpre anos o “solteiro de oro” amigo noso e de toda a Limia Suso Casasola e pasa a ser pensionista. Parabéns a Suso e paciencia a Seguridade Social, porque entre a pensión,e as visitas que ten de facer a miúdo, para ver as enfermeiras, o custe vaise disparar tanto, que ata o notarán os do Pacto de Toledo nos próximos análisis estadísticos das pensións.154