DIS QUE DIN….que volve Isaac Vila

224
DIS QUE DIN….que volve Isaac Vila

224Segundo puidemos ver no xornal La Región, a pregunta da periodista da súa posible volta a política municipal nas próximas eleccións, NIN AFIRMA NIN NEGA. Todos sabemos que cando un político de raza, como era o Sr. Vila nin afirma nin nega,todos sabemos o que quere dicir.

Tamén sabemos de fontes xeralmente ben informadas que a súa volta, non se refire a que veña de candidato, se non que é o “encargado de organizar” ao partido laranxa , non solo en Xinzo se non noutras comarcas. Pois nada, se é así, benvido, e si non, pois nada…un chascareillo mais de política.

E para falar de chascareillos, tamén puidemos saber que xa houbo reunión nalgún bar da vila para confeccionar unha lista “por si acaso”. E o mellor e que non se esconderon, nin falaban baixo, e todos puideron escoitar que ía por os cartos para a campaña. Pois outra vez, benvidos sexan, uns e os outros. Canta mais variedade, mellor poderemos escoller.