DIS QUE DIN....

Isaac Vila
DIS QUE DIN....

A CÁRNICA TAMPOUCO VEN PARA XINZO Pois segun o comunicado enviado ós medios, o representante de CICAT, anuncia que...

A CÁRNICA TAMPOUCO VEN PARA XINZO Pois segun o comunicado enviado ós medios, o representante de CICAT, anuncia que a súa empresa non se vai presentar a subasta dos terreos para instalarse en Xinzo. Pero, realmente alguén creu que CICAT se ía instalar en Xinzo?. Posiblemente si. Todos aqueles a quen o omnipresente Sr. Vila ofreceu xa os postos de traballo na fábrica. Todos aqueles que durante anos e anos crían o Sr. Vila, todo o que lles contaba, pero que ano a ano non se cumpría. Realmente trasnmitirlle ilusión a xente está moi ben, pero cando realmente hai algo no que ilusionar, se non é así, iso chámase FRAUDE, neste caso non de cartos, que tamén, se non de confianza e ilusión. Que se lle vai facer