DIS QUE DIN

galina-azul

Que na Limia o galiñeiro anda revolto. Non foi moi acertado o pórlle ás escolas infantís da Xunta o nome...

Que na Limia o galiñeiro anda revolto. Non foi moi acertado o pórlle ás escolas infantís da Xunta o nome de Galiña Azul, porque leva á confusión de pensar que son un galiñeiro. Unha sala sen iluminación nin ventilación so se presta para chocar . As présas á última hora non son boas. Os poliños queren entrar, a galiña quere coidalos e o galo está feliz no poleiro. Cren vostedes que se o PSX estivese descontento e a convocatoria ás urnas estivese máis lonxe, outro galo cantaría?