Dis que din que Celso Delgado estivo moi atarefado esta mañá na súa visita a ALIMAGRO 21

cats
Dis que din que Celso Delgado estivo moi atarefado esta mañá na súa visita a ALIMAGRO 21

Pasado o mediodía visitou a feira Celso Delgado parlamentario nacional do PP por Ourense, invitado polo portavoz do partido en Xinzo Toni Fernández. No percorrido pola feira mantivo charlas informais, primeiro con Darío, empresario en Santiago, pero moi afincado en Xinzo por vía marital, na que non dividamos que a charla levou tentes políticos.

Pasou logo a visitar os stands que representa o concelleiro Amador Díaz, no que nun aparte, longo, supoñemos, que non falarían das cegoñas da Limia. Amador aproveitaría para falar, do sector da pataca e derivados. Tamén poderíamos apostar a que o regadío foi un dos temas tratados.

Pasou logo, sempre acompañado por Toni polo stand de Coren, no que nos imaxinamos que o tema sería, como non podería ser doutra maneira, as últimas noticias sobre as augas do Limia, na que algúns medios de comunicación apuntan directamente ao sector porcino. E por último, e para reunir nun mesmo sitio todos os temas anteriores visitou o stand de ADEGAL, no que se representa a todos os sectores anteriormente citados.

A experiencia parlamentaria de Delgado (mais de 20 anos no Congreso) seguro que fixo que supera “torear” en todas as prazas e saír airoso do recinto.