jueves. 30.03.2023

Dis que din que......Pedro Puí tivo un Lapsus Linguae en Xinzo

Toni Fernández, aínda non é oficialmente candidato  a alcaldía de Xinzo
Antonio Fernández (Toni) antes do comezo da sesión
Antonio Fernández (Toni) antes do comezo da sesión

Esta mesma semana o grupo parlamentar do PP reuniuse en Xinzo, na súa reunión semanal preparatoria para levar propostas ao Parlamento Galego, ademais, como non podería ser menos visitar o Museo Galego do Entroido e o museo de Carlos Casares.

Na posterior rolda de prensa, despois da reunión ante os medios o Portavoz do Grupo Parlamentario, que non do partido en Galicia, referiuse a Antonio Fernández (Toni) como futuro candidato do PP a alcaldía de Xinzo. Na posterior nota de prensa do acto o propio PP de G no comunicado referiuse a Toni como portavoz.

Ante esa disxuntiva, como se soe fomos a fonte limpa e Toni di que el aínda non foi nomeado oficialmente. Iso quen o ten que facer é Manuel Baltar, que é quen ten as atribucións. Polo tanto de momento o PP aínda non ten candidato a alcaldía de Xinzo.

Dis que din que......Pedro Puí tivo un Lapsus Linguae en Xinzo