Dis que din...que Xinzo é terra de esquecementos

Vista das piscinas, pechadas e valeiras
Dis que din...que Xinzo é terra de esquecementos

E non pola xa tradicional festa. Hoxe, 1º venres de mes, parece ser que foi o venres do esquecemento.

1º venres comercio
1º venres comercio

Primeiro o comercio, que anunciou que os primeiros venres do mes ía sacar as beirarrúas artigos para saldar, esqueceuse. Tan solo tres establecementos non se esqueceron e fixérono, pero a grande maioría non.

Tamén parece que o concello se esqueceu de abrir as piscinas como anunciara, aínda que non con moito convencemento propio o concelleiro de que abrirían o 1º de xullo, precisamente hoxe. Pero tamén se esqueceron de abrilas e de anuncialo a poboación. Como vemos Xinzo xa está impregnado do esquecemento.