jueves. 30.03.2023

Dis que din.....

que unha granxa foi  o motivo para que Asunción non repita como candidata a alcaldía de Rairiz.

Manuel Baltar- Asunción-Xaquín
Manuel Baltar- Asunción-Xaquín

Fai uns días que se presentaron as candidaturas do PP ás  alcaldías da provincia, na que saltou a sorpresa en  Rairiz de Veiga .

Asunción Morgade, foi descabalgada da lista, segundo ela indica que sen motivo aparente, posto que durante estes anos non tivo ningún problema coa cúpula do partido en ningún momento, pero segundo manifesta, ela xa ó sospeitaba  dende fai dous anos, momento en que tivo que dicirlle a Xaquín Rodríguez (alias meteorito),  que tiña que deixar de vir todos os días polo concello, e máis aínda pórse detrás dos ordenadores dos funcionarios. Nese mesmo momento a relación existente deixou de existir e a partir dese momento Xaquín estivo traballando para que ela non revalidara como candidata.

Ela, neste momento NON é a candidata(polo PP), sen que  lle explicasen os motivos da non elección. O que si ten claro é que unha vez máis Xaquín (ex alcalde do BNG e ex alcalde do PP) condenado xudicialmente por prevaricación continuada fai 8 anos, está detrás da designación do número 4 da súa candidatura, que, casualmente  neste momento ten unha sentenza xudicial do TSXG na que se lle reboca a autorización para ampliación dunha granxa, que obrigou ao concello que eu presido a revocar a autorización municipal. De non facelo incorrería en prevaricación non sería nada de entrañar que lle prometese “arranxar” esa cuestión si aceptaba ir de nº 1.