Parabéns á Policía de Xinzo

MULTA
Parabéns á Policía de Xinzo

Aínda que só saia neste medio de comunicación e non en todos os medios do estado, como ocorreu coa “ínclita”...

Aínda que só saia neste medio de comunicación e non en todos os medios do estado, como ocorreu coa “ínclita” Esperanza Aguirre” a policía local de Xinzo pode estar orgullosa da súa actuación.

Temos diante una copia da denuncia feita a un coche por saltarse un semáforo en vermello, na confluencia da rúa 2 de Maio coa avenida de Madrid.

Pero claro este non era un coche de calquera veciño, se non que parece ser que pertence a un/unha concelleiro/concelleira deste noso concello. E o que si podemos afirmar é que é un dos coches máis coñecidos por todos os cidadáns, e como non, polos membros da policía local.

Agora soamente falta saber si a denuncia se paga, se arquiva ou se esquece no caixón. Tamén pode ser que sexa recorrida polo interesado/a aludindo unha urxencia , pero polo menos o que podemos dicir e que se pode confiar nos nosos policías, pola súa imparcialidade.

Parabéns de novo.