Revolución das escuadras e cartabóns no Concello

Escuadras e cartabóns
Revolución das escuadras e cartabóns no Concello

Fai uns días que chegou a nosa redacción unha información que nos alertaba dunha discusión na casa do concello de...

Fai uns días que chegou a nosa redacción unha información que nos alertaba dunha discusión na casa do concello de Xinzo; “dis que din” que de bastante voltaxe.

Esta vez a disputa non foi entre concelleiros do grupo de goberno, nin cos da oposición. A discusión parece ser que foi entre un funcionario (con praza gañada por oposición), dos que hai poucos, e o concelleiro da área. A cousa parece que non chegou a “maiores”, porque o funcionario “pediulle” ao concelleiro que abandonase o seu despacho.

Dis que din… que despois se chamou a outro concelleiro do grupo, para ver si conseguía a consigna de que se trataba, e que tivo tamén que abandonar o mesmo despacho, case da mesma maneira.

Ah! Dis que din… que está por medio unha denuncia no xulgado por vulneración do dereito a intimidade, ou algo así.

O que faltaba… Os paxaros contra as escopetas