O alcalde de Sandias predixo os resultados ó 23 maio

IMG_20190527_101936
O alcalde de Sandias predixo os resultados ó 23 maio

Este foi o froito do traballo destes catro anos

Son as 10 da mañá, e o renovado alcalde de Sandiás Felipe Traveso, pola Agrupación de electores de Sandiás AGRELSAN, xa estaba no seu despacho da alcaldía firmando os documentos do día, despois dunha noite que non remataba.

A min a xente dicíame todos os días, claro que te vamos a votar. Todos valoran o que sexa un alcalde cercano a todos, ata fago de mediador.

Onte tiven que ir a unha chocolatada cuns veciños, aínda que os nervios ían por dentro, pero estaba convencido deste cambio brutal que sucedeu.

NINGUNHA PROPOSTA EN CATRO ANOS

Os tres partidos da oposición non foron quen-es de presentar ningunha moción nos catro anos e as súas respostas, sobre todo o PSOE e o independente eran sempre NON PORQUE NON.

A xente sabía, soupo e soubo responderlle agora cos seus votos.

COMO INDEPENDENTE NON SE VAI A NINGÚN LADO

IMG_20190527_101946O Sr. Baltar cando veu dar o mitin aquí dixo que como independente non se vai a ningún lado..pois o pobo de Sandiás demostroulle ao Sr. Baltar de que aquí si se pode gobernar sendo independente, o que fai falla e ser boa persoa e ser honrado cos veciños e veciñas.
A TARDE TEÑO QUE POÑER A HORTA
Esta entrevista tivo que ser a primeira hora da mañá, aínda de resaca electoral, porque esta tarde teño que poñer a horta, os pementos e os tomates, posto que a teño moi abandonada durante os días que durou a campaña. Eu vou a ser o mesmo aínda que con máis responsabilidade.
NON PROMETEMOS NADA QUE NON POIDAMOS FACER

2222222222Onte estaba moi alegre, pero hoxe estou máis preocupado. Agora temos que ver como levamos adiante o que prometemos en campaña, que como todos saben estaba dividida en dous blocos. Un con proxectos a desenrolar cos nosos medios e outro bloco con proxectos en coordinación e con financiación das outras administración.

No noso programa hai compromisos que chegou o momento de facelo si ou si. O primeiro e comezar a desenrolar un pequeno polígono industrial. O segundo será u plan de cambio da iluminación a led, para un aforro na factura eléctrica. Para iso xa presentáramos nunha sesión plenaria una proposta de inversión de 120.000 €, que todos votaron en contra, sen dar argumentos ao respecto.

Xa temos programada una actuación con Augas de Galicia para un novo bombeo de auga do Tesiño, bombeo que abastece a todo o Concello.