ÁXIL, nova lista para as elección ao concello de Xinzo

IMG_8298
ÁXIL, nova lista para as elección ao concello de Xinzo

Nos xamais pactaremos un goberno co PP

Esta mañá foi presentado o nome e a imaxe da nova formación política que se postula para gobernar o concello de Xinzo.

A lista estará encabezada por Amador seguido de Moncho. A lista xa está pechada, aínda que ao longo desta semana nunha reunión dos membros e simpatizantes da mesma elixirán a orde de colocación dos membros da mesma.

INTENCIÓNS DE SER GOBERNO

IMG_8287Todos os que nos presentamos a estas elección temos intención de gobernar, ninguén se presenta coa intención de non saír. Manifestou o líder da formación Amador Díaz.

A pregunta da súa opinión aos comentarios “políticos” que andan polo pobo, referentes a que a súa lista está patrocinada por Antonio Pérez contestou rotundamente que eles son totalmente dialogantes con todos os partidos que accedan ao consistorio, pero o que si temos claro dende este momento é que nos xamais pactaremos un goberno co PP. En canto aos demais partidos, non excluímos a ningún.

Nos decidimos presentarnos despois de analizar a traxectoria do noso concello, con 3 alcaldes en 4 anos, e sen facer absolutamente nada nos catro anos de lexislatura.