Os candidatos populares ao Congreso e ao Senado visitaron o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia

Xerais.2019.Acto.Sectorial.Agricultura.2019.04.08.1
Os candidatos populares ao Congreso e ao Senado visitaron o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia

O PP procurará unha agricultura do século XXI potenciando a innovación, dixitalización e as novas tecnoloxías

A transición cara unha “Agricultura 4.0”, baseada na innovación, a dixitalización, a aplicación das novas tecnoloxías e a implantación dun modelo de economía circular son os retos que afrontará o Partido Popular para conseguir un sector agroalimentario do século XXI. Así o defenderon hoxe os candidatos ao Congreso e ao Senado do Partido Popular pola provincia de Ourenbse ás eleccións xerais do 28 de abril, logo da visita que esta mañá realizaron ao Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, en Xinzo de Limia, dependente do Inorde.

Os candidatos, acompañados polo cabeza de lista á alcaldía de Xinzo, Antonio Fernández Veiga, escoitaron as explicacións do xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, que xunto cos técnicos debuxou as principais liñas de traballo dun centro “que constitúe toda unha referencia para os agricultores da provincia, polo seu labor de investigación, análise e asesoría nun dos ámbitos básicos para o futuro do noso territorio como é o sector agroalimentario”, dixo a cabeza de lista polo Congreso, Ana Vázquez.

Xerais.2019.Acto.Sectorial.Agricultura.2019.04.08.2

Así, coincidiron en destacar a importancia dun dos catro proxectos europeos nos que participa o Inorde –Circular Labs- “que ten como finalidade implantar un modelo de economía circular polo que xa ven de apostar o PP e que nós queremos trasladar á agricultura, cun uso máis racional dos recursos naturais e unha produción máis eficiente que, ao tempo, reduza a presión sobre o medio ambiente”.

Non obstante, para facilitar a transición cara á chamada “Agricultura 4.0”, este sector ten que facer fronte a novos retos como o pulo á investigación, á innovación, introducción de novas tecnoloxías nos procesos de produción e transformación e, sobre todo, máis formación para mellorar a capacitación dos mozos que se incorporan ao campo.

O sector agroalimentario, engadiu Vázquez, “está no centro das prioridades políticas do Partido Popular, por se tratar dun ámbito estratéxico para a provincia no tocante á cohesión territorial e como xerador de oportunidades no medio rural”.

Nesta liña, dixo a candidata, a formación popular reflectirá nas súas propostas de goberno “unha defensa sen ambigüidades da nosa agricultura como motor da economía no rural, eliminando trabas á actividade económica e empresarial no campo, sen lanzar torpedos aos agricultores como o <dieselazo> de Sánchez, axudando a fixar poboación a través do relevo xeracional e, aínda máis, defendendo a PAC e o seu financiemento a partir de 2020, pola súa importancia na estabilidade das rendas agrícolas”.

Saúdos