FRANCISCO VELOSO ELEXIDO CANDIDATO Á ALCALDÍA DE LOBIOS

20190214_185927
FRANCISCO VELOSO ELEXIDO CANDIDATO Á ALCALDÍA DE LOBIOS

Os socialistas repiten candidato ca intención de gañar as eleccións tras quedarse as portas de acadalo nas anteriores en 2015, cando venceron ós populares

O PSdeG PSOE de Ourense confirma o seu vixésimo terceiro candidato de cara ás eleccións municipais do próximo mes de maio. A agrupación municipal socialista de Lobios elixiu a Francisco Veloso como o seu candidato a alcaldía da localidade. O actual voceiro dos socialistas no concello repite candidatura ca intención de acadar unha alcaldía na que en 2015 quedou as portas con 5 concelleiros

Francisco Veloso explica que se presenta as eleccións porque “Lobios é un municipio cun potencial tremendo, pero que non se está a explotar porque o PP leva 4 anos dándolle as costas os veciños e abandonando os diferentes núcleos de poboación, sen realizar, tampouco, unha aposta firme por aproveitar o termalismo e o turismo o que xerou despoboación de fuga de xente xoven”.

O actual voceiro socialista remarcou que “levamos preparadas varias iniciativas para espertar un municipio totalmente abandonado polas políticas dos populares, que en catro anos non foron quen de facer nada efectivo polo municipio”, e apunta, “vamos a apostar polas piscinas públicas de auga termal en Río Caldo, que deben ser exteriores e executarse de inmediato para aproveitar un dos nosos recursos máis prezados e que non se siga desperdiciando”.

O candidato socialista comenta que “tamén queremos mellorar a calidade de vida dos nosos maiores. Lobios é un dos concellos máis grandes e envellecidos da comarca e non conta cunha residencia de maiores, algo básico e que levamos 4 anos esixindo e tense que levar a cabo canto antes”, e finaliza “non nos esqueceremos da demanda de que o alcalde de Lobios ten que ter intereses no pobo e non cobrar un salario para beneficios persoais. Ese salario debería destinarse a uso público, como a contratación de un médico que de servizo na vila e comarca”.