Os independentes da Limia únense a prol do Patrimonio da Limia

independentes da Limia pola cultura
Os independentes da Limia únense a prol do Patrimonio da Limia

AGRELSAN-ÁXIL-AGER- XpX

Os cabezas de listas das formación independentes que se presentan aos comicios municipais nos concellos de Porqueira; Rairiz de Veiga; Sandiás e Xinzo, mantiveron unha xuntanza coa prensa para manifestar a súa intención de loitar conxuntamente para por en valor as cinco torres con que conta a Limia, ubicadas en cada un dos seus concellos.

O plan de actuación comezaría co encargo a Universidade dunha investigación histórica sobre cada unha das fortificacións para a continuación divulgar todos os estudos e desta maneira por en valor as cinco edificacións que farán que o turismo se achegue máis a comarca e isto repercuta nos demais sectores económicos.

Comprometéronse a traballar todos xuntos para que o esforzo sexa recompensado.