LUCÍA SALGADO RODRÍGUEZ ELEXIDA POLA MILITANCIA

Lucía Salgado-Porqueira
LUCÍA SALGADO RODRÍGUEZ ELEXIDA POLA MILITANCIA

Como candidata a alcaldía de Porqueira

Os socialistas do municipio estrean candidatura da man dunha muller decidida e preocupada pola veciñanza do seu concello a que se lle debe dar un mellor tra

O PSdeG PSOE de Ourense confirma a súa trixésimo primeira candidata de cara ás eleccións municipais do próximo mes de maio. A agrupación municipal socialista de Porqueira elixiu a Lucía Salgado Rodríguez coma a súa candidato a alcaldía da localidade. Os socialistas estrean candidatura nunha vila na que teñen postas as esperanzas para que cambie a súa política involutiva.

Lucía Salgado explica que “o concello debería preocuparse máis polos veciños e darlles uns mellores servizos e prestacións municipais e non solo cando chegan as eleccións. Temos graves problemas co mal estado das estradas, cunetas, a limpeza da maleza nos camiños, problemas que reflicten no día a día da nosa veciñanza”.

A actual voceira socialista remarcou que “os servizos sociais teñen que mellorar, xa que non podemos estar a funcionar nun concello tan envellecido coma o noso cunha soa persoa que teña a titulación para facer tarefas de asistencia a domicilio. Temos que darlle os nosos maiores as condicións e os servizos que merecen logo de tantos anos sen uns servizos dignos”.

A candidata socialista apunta que “temos que traballar por rescatar a este concello das políticas escurantistas nas que o sumiu o goberno do Partido Popular en todos estes anos que levan na alcaldía e pelexar por ser un concello transparente e que mire e se preocupe pola súa veciñanza e non a abandone a súa sorte como tristemente está a ocorrer en Porqueira”.

to