"Dinme conta de que a meritocracia que predican os liberais, non existe"

IMG_8234
"Dinme conta de que a meritocracia que predican os liberais, non existe"

É o candidato máis xoven, nesta provincia tan envellecida

Tócanos por último coñecer máis persoalmente e íntimamente ao último candidato limián que nós pode representar no Parlamento Nacional.

Iván Olmos Ferreiro (21 de maio de 1994) leva toda a campaña dicindo que quere ser o candidato máis novo “desta provincia envellecida”. Este xoven, que di considerarse limián, “meus avós maternos son de Xinzo, e os paternos de Calvos de Randín” aínda que tivo moito pasado na capital, “asociaba Ourense á escola, e Xinzo, ao descanso, ao ocio e a tranquilidade”; é grao en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Administración e Dirección de Empresas e, entre outros moitos recoñecementos, campión mundial de discursos no campionato universitario de 2018 celebrado en Chile.

Quero intuír que as mellores lembrazas da infancia están logo en Xinzo?

IMG_8238Evidentemente, as mellores lembrazas familiares están nesta terra. Crieime nun ambiente o máis rural posible. As primeiras lembranzas que teño son as de ir sementar as patacas co meu avó, no seu tractor Barreiros descapotable vermello, que aínda o ten. E as matanzas, e o Nadal, e a Semana Santa… Todos os recordos familiares asocioos a Xinzo.
Criado nunha familia católica pero que non foi quen de mantelo na confesión?
Como no 99 por cento das familias desta provincia. Fun a misa todos os domingos da miña infancia e estudei en colexios relixiosos. Lía as lecturas e as preces na Igrexa, ata dicían que cantaba ben e me facían cantar os domingos. É certo que logo, cando chegas á adolescencia e te empezas a cuestionar determinadas cousas, me fun alonxando paulatinamente da Igrexa Católica e acabei perdendo esta fe que che vén imposta. É un proceso natural que sufríu moita xente da miña idade, a nivel de valores éticos e morais sepáranme moitas cousas do que hoxe en día representa. A esquerda bebe moito deses valores de solidariedade, deses valores morais de vivir no colectivo que están no Evanxeo, se ben é certo que logo na práctica igual non hai unha relación directa entre o que se predica e o que se practica. Sen ir máis lonxe, a Conferencia Episcopal gasta máis cartos en manter medios de comunicación propios a nivel estatal dos que lles da a organizacións benéficas que dependen dela.
Antes de chegar a Universidade, trouxo tolos aos pais de actividade extraescolar en actividade extraescolar?
Pois, si. Ademais, non é que foran meus pais, era eu o que lle pedía que me apuntasen a unha ou a outra. Fun sempre un rapaz moi activo. Fixen natación, xadrez, fun a clase de gaita, pandeireta, baile galego, clases de inglés, informática. Tamén fun a clases de canto, de ballet clásico con catro anos, porque o meu podólogo llo recomendou á miña nai cando se soubo que nacera cos pes planos. Foi alí, indo precisamente a ballet clásico, onde me namorei do piano porque había unha rapaza que practicaba na academia de baile mentras eu agardaba para entrar á clase de danza. Os primeiros contactos coa música foron na Escola Bieito Blanco, e dela ao Conservatorio, no que entrei cunha das mellores notas e alí estiven ata os dezanove anos, onde fixen dez anos de piano.

E por que decidiu estudar Comunicación Audiovisual?

Pois foi unha decisión da que nunca cheguei a estar convencido de todo. E sigo sen estar convencido. Tiñas outras opcións, pensaba en Ciencias Políticas, que me gustaba moito, Filosofía, Xornalismo... ata Arquitectura. Creo que optei por Comunicación Audiovisual porque tiña un plan de estudos moi enfocado ao cinema e a televisión, que a min me gustaba moito. Xa con 15 ou 16 anos facía montaxes na casa… e, dende logo, vin moitas películas, algunha cheguei a vela ata case 100 veces (ri), a de Jorge de la jungla.Pero teño entendido que non foi moito a clase.

Aiii… no primeiro ano, si. Logo xa menos, porque hai moito máis vida universitaria máis alá das clases. Pero iso non foito motivo para non sacar boas notas. Alí foi onde, por exemplo, tiven o meu primeiro contacto co debate logo de ver un anuncio de xornadas de portas abertas, non tiña nin idea de que existía iso do debate. Comecei substituíndo antes de que rematase o primeiro cuatrimestre do primeiro ano a unha rapaza que se deu de baixa nun equipo cando se disputaban os cuartos de final da Liga interna da Universidade, sen ter formación previa. No segundo cuatrimestre xa participara en torneos representando á Universidade e, así, ata o cuarto ano, no que acabei presidindo o Clube de Debate Compostela. Foron as miñas primeiras eleccións, porque ata fixemos campaña. Nese ano déuselle moito nome a nivel estatal ao Clube de Debate Compostela competindo coas mellores universidades de España.

É precisamente cando remata na Universidade onde se da a súa consolidación como debatente universitario?

Si, logo de rematar a Universidade, me chamou unha escola de negocios de A Coruña que quería establecer alí unha liga de debate interna, e con esa institución participei nos tres últimos mundiais de debate universitario. Representando a esa escola consigo ser semifinalista en Córdoba (2016), segundo mellor orador en español entre case 400 persoas en cidade de Guatemala (2017) e no mundial de discursos, subcampión. Foi o terceiro intento, no 2018, en Chile, onde quedo como sétimo mellor orador pero consigo ganar o campionato de discursos.IMG_8236

E nesa escola aprendeu moito…

O paso por esta escola me abre os ollos de cómo funciona o mundo privado e da gran empresa, e onde empezas a descubrir cales son as actitudes de determinadas empresas con respecto a que cousas ou o que implica moitas veces a propia mercantilización da educación… Aprendes a ver como se vende unha imaxe de cara a fóra e logo, no fondo, as prácticas empresariais son as prácticas empresariais. Nunca me ofreceron un contrato de traballo, sempre estiven como autónomo porque lles compensaba e tiven que empezar a buscar clientes fóra. Aí empezas a descubrir como funcionan as grandes empresas. Foi aquí onde recuperei grande parte da conciencia política que perdera, porque pode soar a tópico pero é certo que quen ten diñeiro ten poder, poder de influencia, pero poder. Daste conta de que a meritocracia que tanto predican os liberais non existe. Chegan arriba os que teñen máis cartos.

E cómo chega o contacto coa política?

Logo de desprenderme da anterior escola, empezo a ter contactos coa comunicación política. Funme formando nese ámbito de maneira autodidacta, porque ademáis da comunicación audiovisual tamén cheguei a comezar a carrera de Ciencias Políticas. O meu traballo de fin de grao foi unha análise do impacto que teñen os debates televisados no electorado, onde analicei, entre outras cousas, o debate das Autonómicas do 2016. Eu levaba xa meses cabreado pola miña propia situación como autónomo, porque non había proporcionalidade na cuota. Tamén vía a situación de meus pais, a de miña nai sen praza no Sergas como enfermera, traballando como contratada e vendo como a daban de baixa no fin de semana para volvela a dar de alta ao luns seguinte para non pagar eses días… Funme cabreando paulatinamente, recuperando ese nivel de cabreo que tivera na miña adolescencia e tamén na miña etapa estudantil na Universidade de Santiago. Tamén contribuíu moito ese periodo que eu pasei traballando nesa escola de negocios e coñecer de preto a esa élite empresarial galega situada fundamentalmente na cidade da Coruña e o seu discurso hipócrita de facer unha Galicia mellor, crear emprego de calidade… cando logo te das conta internamente de que Galicia les importa una mierda. Decidín dar ese paso adiante, sabía que tiña que facelo, pero, claro, pesaba o ter que ingresar diñeiro todos os meses.

Cales foron os motivos polos que da ese paso adiante?

IMG_8232Din ese paso logo de ver como En Marea se posiciona de xeito claro na proposta de orzamentos de Sánchez onde se recorta nun 40 por cento a inversión para Galicia. Eu xa militaba na formación, pero poida que fose esa a puntilla definitiva do cabreo do que falaba antes. Villares, co que tiven contacto precisamente pola miña experiencia como formador en comunicación política, me animou moito a presentarme a esas primarias por Ourense. Din o paso e o fixen porque creo que o podo facer ben. Penso que polo menos o podo facer moito mellor que os deputados que a provincia de Ourense leva tido nos últimos anos, e se pode comprobar o traballo realizado por Rocío de Frutos, Celso Delgado, Ana Vázquez ou Miguel Ángel Viso, que so traballan cando lles interesa ao partido. Eu non quero deputados pola miña provincia que só traballen cando lles interese ao seu partido. Se o teu partido goberna, non moven un dedo, e son os intereses que marca o goberno e o teu partido os que van a marcar a súa actividade parlamentaria e Ourense está como está, e cando deixa de gobernar o seu partido é cando empezan a traballar e reclamar cousas. Ourense merece ter deputados no Congreso que traballen pola provincia con independencia de quen goberne o Estado, que non tiña ningún tipo de tutela e atadura de ningún partido estatal. Por suposto, tamén hai un alto grao de compromiso político, ético e persoal. Se estou aquí é porque o proxecto político de En Marea me representa, o día que non o faga deixarei de estar.