Montse Lama candidata ao senado por ciudadanos

IMG_8022
Montse Lama candidata ao senado por ciudadanos

Compaxinarei a alcaldía de Xinzo co Senado

Montse Lama ex -concelleira do PP de Xinzo confirmou esta mañá a dendealimia.com que si estará na lista que Ciudadanos presentará ao Senado pola provincia de Ourense e que encabezará a lista do mesmo partido a alcaldía de Xinzo.

Xa temos a lista feita, aínda que a presentaremos a principios de abril.

Etas semanas están sendo de loucura, ademais de confeccionar a lista para a alcaldía de Xinzo, que segundo ela non dubida que conseguirá, é a responsable do partido na provincia para confección das listas noutros concellos .Practicamente non teño tempo para ver o meu fillo, pero cando estas nun proxecto bonito e cun equipo con ganas de traballar todo se fai con agrado e sen mirar as horas que se lle dedican.

Espero compaxinar a alcaldía de Xinzo co Senado. Desta maneira, como Ciudadanos gobernará a Nación despois do 28 de abril, estando no Senado poderei negociar proxectos para Xinzo.

Xa é hora de facer as cousas doutra maneira, rematou Montse.