Presentación da candidatura do PP ao concello de Xinzo

IMG_8340
Presentación da candidatura do PP ao concello de Xinzo

Hoxe ás 20:00 na sede dos Populares

Hoxe martes ás 20:00 na sede que os populares teñen en Xinzo, Antonio Fernández Veiga- Toni- fara a presentación dos membros da súa candidatura ás municipais coa que pretenden revalidar a maioría absoluta no concello.

Segundo manifestou o propio candidato, a presentación faise na propia sede ante os comites do partido e simpatizantes, posto que non queren chamar a tódolos simpatizantes tanto de Xinzo como dos pobos, cando xa o fixeron fai menos de un mes e terán que volver a chamalos para o mitin central destas eleccións, dentro de poucos días outra vez.

Toni, confía plenamente en que coa candidatura que mañá se presenta poida revalidar a maioría absoluta coa que os populares veñen dispoñendo dende fai agora tres lexislaturas.