“Ten acreditada unha gran xestión no ámbito local,afirma Manuel Baltar

sindo-sarreaus
“Ten acreditada unha gran xestión no ámbito local,afirma Manuel Baltar

Gumersindo Lamas Alvar, encabezará a lista que o Partido Popular presentará no Concello de Sarreaus

Gumersindo Lamas Alvar (Sarreaus, 1965) encabezará a lista que o Partido Popular presentará no sindo-sarreausConcello de Sarreaus, na procura dun novo mandato “no que temos que seguir a impulsar as iniciativas sociais e comezar a falar e pensar como comarca”. O candidato, afirmou na súa presentación o presidente provincial, “ten acreditada unha gran xestión no ámbito local, por iso estamos seguros que nos próximos catro anos seguirá afondando na prestación de servizos públicos de calidade para os seus veciños”.

Gumersindo Lamas, cunha ampla traxectoria na política local exercendo como alcalde desde hai 28 anos, non dubida en cualificar como “moi positiva” a evolución de Sarreaus en todo este tempo, “ata o punto de que conseguimos situar ao concello entre os mellores da provincia, tanto por infraestruturas como por equipamentos e servizos básicos e de ocio, actuando en todas as facetas para mellorar a calidade de vida da veciñanza”.

Unha das áreas de traballo que destaca con énfase refírese aos servizos sociais, “onde somos un dos concellos da provincia que máis inviste por habitante neste ámbito”. Con todo, anuncia cara un novo mandato que haberá máis actuacións no tocante aos maiores, para dotar ao concello dun servizo de atención sociosanitaria en centros de día ou residencial”.

Como programa de traballo, o candidato tamén destaca o fomento do aluguer de casas no rural, como unha opción máis para frear o despoboamento, o apoio ás comunidades de montes para seguir a explotar un impotante sector forestal, e seguir a dar facilidades para o desenvolvemento de explotacións avícolas e gandeiras. Non faltan iniciativas para poñer en valor o patrimonio, “como se fixo a través da recuperación da aldea de Couso, pero hai que darlle máis contido aos nosos recursos, como os tres castros que temoso u o asentamento romano.

Gumersindo Lamas fai gala, ademais, dun concepto de política local que mira á súa contorna “porque tamen temos que empezar a falar de comarca, da Limia, que é unha das cousas que desexaría impulsar nun novo mandato, pensando que o traballo conxunto pode ser o principio da solución a moitos dos nosos problemas comúns”.

O candidato popular, dixo entre tanto o presidente provincial, Manuel Baltar, “demostrou en todos este tempo que o seu máximo interese é o benestar da veciñanza, sendo quen de dotar ao concello dos mellores equipamentos e servizos”.

Para Manuel Baltar non hai dúbida de que Gumersindo Lamas, “en base a súa experiencia política como presidente da xunta local do PP, obterá os mellores resultados electorais, como ven facendo en calquera das eleccións celebradas”. Un gran aval “polo que estamos absolutamente satisfeitos deste novo paso cara adiante dun candidato que responde perfectamente ao perfil que buscamos e necesitamos para as alcaldías”.